Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral é o máximo órgano de representación e de goberno, e nela estarán representados os diferentes estamentos deportivos e colectivos que componen a federación. A determinación dos membros de cada estamento que forman parte da asamblea xeral farase baseándose nunha elección mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto por e entre os integrantes maiores de 18 anos de cada colectivo.

A Asemblea Xeral estará constituida polo Presidente da Federación Galega e por representantes dos clubs, entidades deportivas, deportistas, técnicos, árbitros e outros colectivos. O mandato dos membros da asamblea xeral é de catro años.

Os clubs e entidades deportivas non poderán ser membros da Asemblea Xeral si, no intre da convocatoria de eleccións non figuran inscritos no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
Os compoñentes da Xunta Directiva, por esa soa consideración, poderán asistir ás reunións da Asemblea, con voz pero sen dereito a voto.
A Asemblea Xeral estará integrada polos membros que se fixe segundo os procedementos previstos no regulamento electoral, e a representación de estamentos responderá as seguintes proporcións:

  • Representantes de Clubs e Entidades Deportivas:entre 60 e 75 %.
  • Representantes de Deportistas: entre 20 e 30 %.
  • Representantes de entrenadores y técnicos: entre 5 e 10 %.
  • Representantes de Árbitros: entre 5 e 10 %
  • Outros colectivos: hasta el 10 %

A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o número de membros da Asemblea Xeral e de cada un dos seus estamentos.
Son competencias da Asemblea Xeral entre outras, as seguintes:

  1. Aprobación e modificación dos Estatutos e Reglamentos que sexan necesarios.
  2. A elección de presidente e a aprobación da moción de censura que será causa de cese do presidente, así como
    a elección da Comisión Delegada da Federación.
  3. Aprobar o balance, as contas, orzamentos e memorias que teñen que formalizarse.
  4. Aprobar os programas e calendarios deportivos anuais a desenrolar pola Federación Galega así como as Bases
    e Regulamentos que rexerán as competicións.
  5. Aprobar os Honorarios, Axudas a Campionatos, Desprazamentos e dietas, Estancia e manutención, Publicidad,
    Taxas e Cánones.
  6. Aprobar os reglamentos de Eleccións á Asemblea, Presidente e Comisión Delegada da Federación Galega.
  7. Aprobación do reglamento de Disciplina Deportiva.
  8. Os acordos adoptáranse por mayoría simple, salvo previsión estatutaria diferente.
  9. Calquera outra competencia da Federación Galega que non esté expresamente atribuida polos presente Estatutos a outro órgano.

MEMBROS DA ASEMBLEA PERÍODO 2014 – 2018

CLUBES

Frontón 36 M.
Club de Pelota La Coruña
Club Deportivo Vigués de Pelot
Club Pelota Torre Hércules
Club Pelota Marineda
Club Pelota Os Leños
Club Pelota Punta Herminia

Fronton 54 M.
Club de Pelota La Coruña

Frontón 30 M.
Club de Pelota La Coruña
Club de Frontenis Esguello