FEDERACIÓN GALEGA
DE PELOTA
Benvidas e benvidos á nova web oficial da Federación Galega de Pelota, porta aberta da Pelota Galega a todo o mundo da pelota vasca en toda a comunidade.
As novas tecnoloxías usadas actualmente ofrécennos oportunidades únicas de mellora permanentes. Este portal da internet que mostra a Federación Galega de Pelota sufriu un cambio substancial e é unha mostra de traballo e organización da Pelota Galega. Por iso queremos que sexa o sitio onde se viva intensamente o deporte da pelota vasca, e que permita ter unha información permanente, actualizada, obxectiva e veraz, tratando de facilitar unha mellor xestión a todos os estamentos que configuran o noso querido deporte.
Esperamos que este traballo envorcado na rede sexalle de utilidade, e non dubide en poñerse en contacto connosco para o caso de que requira algunha cuestión da Federación Galega de Pelota.
Unha aperta.
UN DEPORTE CON RAÍCES HISTÓRICAS
O xogo de pelota estivo presente en numerosas culturas ao longo da historia. Moitas das disciplinas deportivas actuais que utilizan unha pelota ou un balón teñen a súa orixe en antigos xogos de pelota, practicados desde hai séculos en diferentes lugares do mundo.
Na Península Ibérica, a pelota consolidouse como un deporte tradicional especialmente no norte. Existen referencias históricas desde a Idade Media en distintas zonas de Francia, que influíron decisivamente no desenvolvemento posterior do xogo. A partir do século XVI, a práctica afianzouse e evolucionou, converténdose co paso do tempo nun dos deportes máis representativos de varias rexións do norte de España, entre elas Galicia.
Durante o século XX, a pelota acadou un importante recoñecemento deportivo e social, pasando a formar parte do patrimonio cultural e deportivo do territorio.
AS DISCIPLINAS QUE DAN FORMA Á PELOTA GALEGA
Man
Paleta de coiro
Pala curta
Frontenis
Paleta Goma
Share
Cesta punta
Frontball