Lei de transparencia
introducción
A Lei, coñecida por “lei de transparencia”, publícase no BOE o 10 de decembro do 2013 e segundo o seu artigo 1 “tiene por objeto ampliar y reforzar la transparencia de la actividad pública, regular y garantizar el derecho de acceso a la información relativa a aquella actividad y establecer las obligaciones de buen gobierno que deben cumplir los responsables públicos así como las consecuencias de su incumplimiento”.
Esta lei é de aplicación a todas as institucións e administracións do Estado e, ademais, segundo o artigo 3.b) as disposicións do capítulo II do título I serán tamén aplicables a “las entidades privadas que perciban durante el periodo de un año ayudas o subvenciones públicas en una cantidad superior a 100.000 euros o cuando al menos el 40% del total de sus ingresos anuales tengan carácter de ayuda o subvención pública, siempre que alcancen como mínimo la cantidad de 5.000 euros”.
E en base ó recordatorio de cumprimento coa Lei realizado pola Secretaria Xeral para o Deporte, a Federación Galega de Pelota cumpre coas obrigas de información e transparencia requiridas publicando na súa web todos os apartados requiridos, nun manifesto exercicio de responsabilidade e mostrando de novo, como xa quedou claramente reflectido na Asamblea Xeral, unha clara vocación de transparencia.
funcións
Normativa aplicable
convenios, subvencións e contratos públicos
Transparencia Económica, Financeira e Orzamentaria
Táboas de financiamento e Retribucións
Percepcións Xunta Directiva
Ningún directivo nin membro dos órganos de goberno federativo percibe retribución algunha polo exercicio dos devanditos cargos directivos ou asemblearios.
Que os distintos cargos federativos perciben indemnizacións polos gastos de desprazamento e manutención en que incorren polo exercicio dos seus cargos axustándose ao establecido no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (0.26 €/km percorrido en coche particular, gastos de peaxe e aparcamento debidamente xustificados, 77,78 € de tope máximo de aloxamento, 44,09 € de tope de manutención a xornada completa e 22,04 € para media manutención).
A Federación Galega de Pelota non ten ningún membro de alta dirección no sentido exposto polo Real Decreto 1382/1985 do 1 de Agosto relativo á Alta Dirección.
Protocolos e Decálogos Antiviolencia e de Igualdade
seguro deportivo
Dirixido a todos os deportistas (xogadores, adestradores, delegados, xuíces e árbitros) que teñan subscrita unha licencia coa Federación Galega de Pelota.
Duración: O seguro de accidentes deportivo comenza no momento da validación da licenza e remata o 28 de febreiro do ano seguinte.
Ámbito da cobertura
Esta póliza de accidentes deportivos recolle todo o exixido no RD 849/1993 así como unha serie de melloras reflectidas na póliza de cada tempada.
Terán cobertura os adestramentos supervisados por técnicos titulados e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.