Federación Galega de Pelota

muller e pelota

muller e pelota

Igualdade no xogo

Durante décadas, a presenza da muller no ámbito profesional e deportivo estivo limitada por condicionantes sociais que hoxe xa non representan a realidade actual. A muller foi conquistando, non sen esforzo, o seu espazo en todos os sectores da sociedade, e o deporte non é unha excepción.

Históricamente, o deporte foi un dos ámbitos nos que a igualdade real tardou máis en consolidarse. Non por falta de capacidade, senón pola existencia de barreiras estruturais que dificultaron o acceso da muller á práctica deportiva, especialmente en niveis competitivos e profesionais. Conscientes desta realidade, nos últimos anos impulsáronse políticas e accións orientadas a fomentar a igualdade de oportunidades e a visibilidade do deporte feminino.

A pelota, como deporte tradicional e de grande esixencia física e técnica, non foi allea a esta situación. Con todo, a evolución social e deportiva permitiu avanzar cara a un modelo máis inclusivo. Desde a Federación Galega de Pelota, trabállase activamente para eliminar barreiras e favorecer a participación feminina en todas as etapas, desde a iniciación ata a competición e a xestión deportiva.

O impulso á participación de nenas e mulleres desenvólvese especialmente desde a base, a través de programas de promoción e escolas deportivas que integran ambos sexos, con proxectos adaptados que fomentan a práctica deportiva como hábito saudable, formativo e socializador.

No ámbito do rendemento e da competición, a Federación Galega de Pelota aposta por unha política integradora que garante a igualdade de trato en medios, recursos e apoio ás deportistas, promovendo a súa presenza en competicións, corpos técnicos e estruturas organizativas.

Aínda que queda camiño por percorrer para acadar unha igualdade plena, os avances logrados nos últimos anos reflicten un cambio real e sostido. O compromiso coa igualdade de oportunidades é unha liña estratéxica de futuro, orientada a aumentar a participación feminina tanto no ámbito deportivo como nos órganos de responsabilidade e toma de decisións do deporte da pelota en Galicia.

¿TÉN DÚBIDAS?

Contacta coa federación

Se queres máis información sobre a práctica da pelota, competicións, formación ou como comezar, contacta coa Federación Galega de Pelota. Estaremos encantados de atenderche e resolver calquera consulta.