Federación Galega de Pelota

Protección de datos e licencias

INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PARA O TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS

En cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679 General del Protección de Datos, a continuación, facilitámoslle toda a información detallada relativa ao tratamento dos seus datos persoais. Dita información está dividida en distintos epígrafes para unha mellor comprensión.

Responsable do tratamento dos seus datos persoais

  • Identidade: FEDERACIÓN GALEGA DE PELOTA – CIF. G-15067002
  • Dirección postal: Praza Agustín Díaz 1 Local 21, 15008 A Coruña
  • Teléfono: 650955255
  • Correo electrónico: [email protected]
  • Delegado de Protección de Datos: [email protected]

Finalidades do Tratamento dos seus Datos Persoai

Os datos persoais dos deportistas, adestradores, árbitros/as e outros axentes deportivos, serán tratados principalmente coa finalidade de tramitar e xestionar as licenzas federativas, escolares e universitarias, así como a xestión dos eventos deportivos nos que participan.

Uso de Imaxes na páxina web da federación.

No momento da formalización da licenza, solicítase consentimento expreso para a publicación na páxina WEB da federación, así como noutras publicacións escritas, de imaxes persoais gravadas durante a celebración da competición deportiva.

A federación non se fai responsable das imaxes gravadas por terceiros durante a celebración do evento deportivo.

Conservación dos Datos Persoais.

Os datos persoais trataranse mentres permaneza activa a licenza.
Unha vez dada de baixa a licenza, o tratamento limitarase á súa conservación a efectos históricos, sempre que o interesado/a non solicite a súa supresión, en cuxo caso se procederá ao seu bloqueo para impedir tratamentos non autorizados.

Lexitimación para o Tratamento dos seus Datos Persoais

O tratamento dos seus datos persoais está lexitimado pola Lei 3/2012 do 2 de abril do deporte en Galicia, así como pola Lei estatal 10/1990 do 15 de outubro do deporte.

Para outros tratamentos de Datos Persoais que non estivesen lexitimados polas leis mencionadas, requirirase o consentimento expreso do interesado, ou en caso de menores de idade, requirirase o consentimento dos seus pais ou titores legais

Destinatarios con acceso aos seus Datos Persoais

Os datos persoais dos deportistas e demais axentes deportivos poderán ser comunicados a terceiros en varios supostos, por exemplo, porque o esixa unha Lei, ou tras solicitar previamente consentimento directamente dos titulares dos datos, ou dos seus titores legais se estes fosen menores de idade.

Tamén poderán comunicarse os datos a aquelas empresas que, actuando como encargadas do tratamento, presten un servizo á federación deportiva que implique necesariamente o manexo dos datos persoais, neses casos, os encargados do tratamento teñen prohibido o uso dos datos persoais para ningún outro fin.

A continuación, describise os supostos nos que se comunicarán a terceiros os datos persoais dos deportistas e demais axentes deportivos.
1. Federación Española de Pelota.
2. Cesión de datos a outras federacións de ámbito nacional, sempre que sexa necesaria para a inscrición en competicións deportivas organizadas no seu ámbito de actuación autonómico.
3. Cesión de datos a Compañía Aseguradora para a tramitación do Seguro de Accidentes Deportivo.
4. A federación comunicará ás autoridades deportivas (Secretaría Xeral para o Deporte) os datos persoais dos membros da xunta electoral unha vez constituida.

Para a cesión de datos a terceiros distintos dos mencionados, requiríase o consentimento expreso e inequívoco dos titulares dos datos ou titores legais, en caso de menores de idade.

A cesión dos datos realizarase preferentemente por vía telemática e estará suxeita á lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal.

Dereitos

Vostede ten dereito a acceder aos datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos persoais xa non se consideren necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, vostede poderá opoñerse ao tratamento dos datos ou solicitar unha limitación no tratamento dos mesmos. Nese caso unicamente conservarémolos para o cumprimento das nosas obrigacións legais, así como para o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

Para solicitar o exercicio dos seus dereitos, ou ben presentar unha reclamación sobre como tratamos os seus datos persoais, deberá dirixirse a nós por escrito, describindo os dereitos que desexa exercer ou a reclamación que desexa realizar, asinando a súa solicitude e achegando unha fotocopia simple do seu NIF. Pode consultar os datos de contacto do Responsable de Tratamento no epígrafe “Responsable do Tratamento dos seus Datos Persoais” situado ao principio deste documento.

Se o desexa, tamén pode formular a súa solicitude ante a Autoridade de Control competente (a Agencia Española de Protección de Datos). Para máis información, consulte nesta ligazón: http://www.agpd.es/